El motivo de que estemos aquí es el dolor. El dolor y la necesidad de ocultárselo a la persona que lo provoca. Ya sea por no hacerle daño, o por no admitir que nos están desgarrando las entrañas. Nos hemos reunido aquí para desahogar la pena que nos araña el corazón.


sábado, 1 de enero de 2011

Terceiro acto: Ecce homo


Levo varios días nos que non sei o que quero. Teño unha ferruxe mental que eclosiona entre si e fai que salten faíscas sen senso ningún. Non sei que facer. Non sei que carallo facer. Mátame a mensaxes, éncheme de chamadas e de intentos de conversa polo messenger. Loubada sexa a deusa Atenea!! Si, agora son unha deusa... antes? a parva que non sabía que ostentaba encol da testa dous fermosos e expléndidos apéndices denominados vulgarmente como "cornos". Non consigo entendelo. Como podes querer a alguén con tódalas túas forzas e mancalo desa maneira? Xuro que non o concibo. PERO por favor, agardade, que agarde o público impaciente que se achega a maior das noticias!!! Resulta que me confesa, non entendo con que intencionalidade, que a outra non tivo paciencia para complacela sexualmente. MANDA CARALLO!! Fun vendida e aldraxada por NADA. Agora mesmo o meu amor e dedicación están no fondo da cotización bursatil. Síntome coma unha puta do amor. "100 euros porque me deas aloumiños e un almorzo pola mañá". Definitivamente son unha puta estafada... quitáronme os cen euros e a dignidade. Agora non sei a quen ofrecerlle os meus servizos. Como podo ter eu o meu ego ante semellante panorama? Isto é unha comedia aristotélica en toda regra e en calquera momento o público solícito esixirá un final lóxico e contundente que culmine de xeito grácil esta obra dividida en tres simétricas partes. Abofé que o momento chegará e o guionista mirará satisfeito o sublime resultado da súa retorcida obra de ficción. Señor escritor. Cúspolle na cara. Deixe de darme polo cu e, vaia ao puto carallo e como protagonista indiscutible da súa creación dramática, déame o que merezo. Estou farta de refugallo inferior á miña magnitude. Son unha puta con clase, de luxo.

Cordialmente...

Atenea, deusa de inxenuidade.

1 comentario:

  1. Mellor ser inxénuo que cabrón, ou iso prefiro pensar. Dou, claro que doe. Pero cando pase a dor, ti poderás durmir tranquila sabendo que, si as cousas se foron á merda, non foi pola túa culpa. Respira profundamente. Deixa fuxir o aire dos pulmóns e pensa que a vida non é como para tomala en serio. Se son catro días... Pasar dous deprimida non sae a conta.

    Biquiños, ruliña.

    ResponderEliminar